A Biblioteca Municipal de Foz amplía a zona de estudo ao primeiro andar da Casa da Cultura.

A partir deste mércores, 1 de xullo, amplíase a zona de estudo na biblioteca municipal de Foz ao primeiro andar da Casa da Cultura.

Pola restrición de aforo que aínda ten a biblioteca pública focense e para a protección dos usuarios, a Concellería de Educación e Cultura, que dirixe Héctor Moris, amplía espazos no primeiro andar da Casa da Cultura, para que tanto estudantes como opositores poidan facer uso da sala con todas as garantías de seguridade nesta época da Covid-19. Terán que solicitar cita previa no teléfono 982.140.675 ou ben no correo electrónico biblioteca@concellodefoz.es . O uso da mascarilla será obrigatorio sempre que non se poida manter a distancia mínima de 1,5 metros.
 
Así mesmo xa está aberto o préstamo a domicilio e o acceso aos novos carnés da Rede de Bibliotecas de Galicia. E a zona infantil aínda permanecerá pechada aos nenos, pero si aberta para préstamos a domicilio.
 
O horario da biblioteca municipal de Foz é de 09:00 a 14:00 horas durante o verán.