A Biblioteca Pública de Foz celebra as Letras Galegas con diversas actividades ata finais de maio.

Chega unha data moi agardada, o 17 de maio, día das Letras galegas. Desde a Biblioteca Pública “Salgado Toimil” e os servizos de cultura e normalización lingüistica do Concello de Foz unímonos a esta celebración visibilizando o noso compromiso coa lingua e coa literatura galega ofertando as seguintes actividades lúdicas e formativas:
 
-“Unha galaxia chea de estrelas: Francisco Fernández del Riego”. Narración oral amenizada por Caxoto con música e cantigas o xoves 18 de maio ás 18:30 no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel María”. Entrada gratuíta. Duración 50-60 minutos. Neste espectáculo para toda a familia, Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante estrela Rosalía de Castro e pasará por outros corpos celestiales como Castelao, Manuel María, Xela Arias, Cunqueiro... nunha homenaxe da literatura galega a un dos seus máximos benfeitores, o gran Francisco Fernandez Del Riego
 
-Exposición Francisco Fernández del Riego: co fin de divulgar a figura e o legado de Francisco Fernández del Riego desde servizo de normalización lingüística envían a exposición composta por 10 carteis e unha guía didáctica, que nos permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas. A exposición estará exposta ata o 31 de maio no segundo andar da casa da cultura e a sala da biblioteca durante o horario de apertura da mesma.
 
-Mostra bibliográfica Fco. Fernández del Riego: para amosar os recursos bibliográficos que a biblioteca ten a dispor da cidadanía. Esta pequena  mostra componse da obra de Fco. Fernández del Riego, biografías, estudos sobre a súa figura, a súa literatura e o seu pensamento. Pode visitarse ata o 31 de maio durante o horario de apertura da biblioteca. Todos estos materiais poden levarse en préstamo.
 
-Visitas escolares á biblioteca: durante este mes de maio a biblioteca pública está realizando visitas guiadas aos colexios. Xa nos visitaron este 12 de maio 41 alumnos e alumnas de primaria do colexio Martínez Otero, e nos vindeiros días  recibiremos a visita dos mais pequerrechos do concello, 23 nenos e nenas da Galiña Azul virán a coñecer e a pasar unha xornada lúdica na biblioteca.
 
-Certame de Narración e debuxo infantil “Letras galegas 2023” (Fase local): a Biblioteca Pública Municipal de Foz participa na fase local do Certame de Narración e debuxo infantil "Letras Galegas 2023" que convoca anualmente a Biblioteca Pública de Lugo.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame. Poderase participar nas dúas modalidades convocadas (Narración e Debuxo) coa temática “Libros para xogar, libros para vivir.

As categorías establecidas son as seguintes: Categoría A: ata 8 anos; Cateforía B: de 9 a 11 anos; Categoría C: de 12 a 16 anos