A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local.

As bases son as seguintes: 
1ª/ Poden participar todas as nenas e nenos con:
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema proposto a continuación: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de enxenio... Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.
XOGAR + LER = VIVIR
-B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), sobre o tema: “Libros para xogar, libros para vivir”. Hai libros que invitan a xogar: libros pop-ups, libros con sons ou mesmo con olores, libros para buscar e atopar, libros con xogos de
enxenio... Mais tamén usamos os libros cando xogamos a ser mestres, ou escritoras ou mesmo cando xogamos a ter unha libraría ou a traballar nunha biblioteca.
XOGAR + LER = VIVIR
2ª/ Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lápis. No reverso de
cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor ou autora.
3ª/ Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.
4ª/ O prazo de presentación rematará o vindeiro 16 de maio, debendo ser entregados na BIBLIOTECA MUNICIPAL.
5ª/ O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.
6ª/ O ditame do xurado local farase público despois do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
7ª/ Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
8ª/ Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.
9ª/ Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.
10ª/ A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.