Disney

Etiquetas:
22/10/2022

O 6 de novembro ás 17:00 horas chegará á Casa da Cultura de Burela Hablemos de Bruno, o tributo musical da conmovedora e xenial película de Disney Encanto.

Este musical conta a historia de Mirabel e a súa fantástica familia, que viven nunha máxica casiña. Esta maxia dotou a cada membro da familia dun don único, desde a superforza ao poder de curar, a todos menos a Mirabel. Cando ela descobre que a maxia que lle rodea está en perigo e se reencontra co seu tío Bruno tratarán de ser a salvación da súa extraordinaria familia. Goza dunha magnífica e colorida posta en escena, ademais dos temas musicais cos que descubriremos os valores que representa cada membro da familia.

As entradas xa están á venda en https://bit.ly/3xefQxn