Piñeira

Etiquetas:
26/10/2023

Debido ao grave incendio forestal que afectou ao municipio de Ribadeo durante a ponte do Pilar, as festas do Santo Cristo na parroquia ribadense de Piñeira foron aprazadas para os día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo.

O sábado haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Los Player’s. E o domingo celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol, que tamén actuará na verbena xunto a Los Satélites.

 

Etiquetas:
06/10/2023

O 8 de outubro terá lugar a xornada de exaltación do pemento de Piñeira no Mercado dos Domingos. Haberá unha proxección, unha exposición, unha mostra degustación, tapiñas nos locais hostaleiros da contorna e música. A cita foi presentada pola concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz. 

A edil ribadense contou que “o vindeiro 8 de outubro volvemos ter unha cita no Mercado dos Domingos, nesta ocasión será coa xornada de exaltación do pemento de Piñeira”. 

Saiz relatou que “ás 11:30 teremos Conversas na cortiña coas produtoras e produtores;  ás 12:15 horas mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e a partir das 13:00h horas concerto con Paraíso Canto. Ademais durante as horas do mediodía poderemos disfrutar dunhas tapiñas nos locais hostaleiros da contorna...

leer más