A parroquia ribadense de Piñeira celebra as súas festas do Santo Cristo os días 28 e 29 de outubro

Debido ao grave incendio forestal que afectou ao municipio de Ribadeo durante a ponte do Pilar, as festas do Santo Cristo na parroquia ribadense de Piñeira foron aprazadas para os día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo.

O sábado haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Los Player’s. E o domingo celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo ás 13:00 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Trebol, que tamén actuará na verbena xunto a Los Satélites.