Burela acolle o 23 de agosto un amistoso de pretempada entre os equipos de baloncesto feminino Ensino de Lugo e Baxi Ferrol.

Burela acolle este mércores, 23 de agosto, un partido amistoso de pretemporada de baloncesto feminino, que disputarán os equipos Ensino de Lugo e BAXI Ferrol.

Presentaron o evento, por parte do Club Baloncesto de Burela, Rogelio Cayón, por parte do Ensino de Lugo, Cata Pollini, e por parte do Concello de Burella, o edil de Deportes, Carlos Méndez.

O encontro terá lugar o 23 de agosto ás 20:00 no pavillón Vista Alegre. A entrada será de balde.