Burela acolle un obradoiro sobre a xestión sustentable da auga este venres, 19 de xaneiro

A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo “Ciencia á feira” este venres, 19 de xaneiro. Versará sobre a xestión sustentable da auga e comezará ás 11:30 horas.

As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.

O ciclo “Ciencia á feira” está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.