Burela celebra a Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro

Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.

As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.