A Casa da Cultura de Foz acollerá o 29 de setembro unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadaría coa obra "Elisa e Marcela".

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 29, ás 19:30 horas unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadaría, que ofrecerá a obra titulada Elisa e Marcela.

Trátase dunha comedia para adultos cunha duración de 75 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros. Poden mercarse anticipadamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Esta obra conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares e noutros durante este ano 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.