A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 31 de agosto unha mostra de Hipólito Xeada con paisaxes e lugares de referencia de Cervo.

A sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, acolle ata o 31 de agosto unha mostra de Hipólito Xeada.

Trátase de obras cargadas de realismo nas que se poden recoñecer fermosas paisaxes e lugares de referencia do concello de Cervo.

No acto de inaguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, así coma outros membros do equipo de goberno cervense.