A Casa da Cultura do Vicedo acollerá unha actuación dos Acordeonistas da Mariña o 29 de abril.

Volve a música á Casa da Cultura do Vicedo. Esta vez cunha actuación do grupo de Acordeonistas da Mariña que presentarán cancións moi coñecidas polo público e acompañadas pola correspondente percusión. 

Será o sábado 29 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Desde o Concello convidan a asistir: "Animádevos a disfrutar da música en directo”.