A Casa da Cultura vicedense acollerá o 12 de xuño a presentación do libro "Sucesos marítimos do porto do Vicedo".

A Casa da Cultura vicedense acollerá o 12 de xuño a presentación do libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recompilar información de diferentes fontes e que teñen como punto en común a zona marítima do Vicedo ou protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.

A presentación será este sábado, 12 de xuño, ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presenza do propio autor, Hixinio Puentes, e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. 

Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19 o aforo será limitado.