A catedral de Mondoñedo acolle un concerto de Nadal da Escola Municipal de Música o 26 de decembro

A catedral de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal, titulado Panxoliñas no Camiño, a cargo da Escola Municipal de Música O Pallarego o 26 de decembro, martes, ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña, que conta coa colaboración da Diocese Mondoñedo-Ferrol e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.