A cea baile do Xoves de Comadres en Foz celebrarase o 8 de febreiro na Sala Bahía

A cea baile do Xoves de Comadres en Foz celebrarase o día 8 de febreiro ás 21:00 horas na Sala Bahía. Está organizada polos colectivos locais Afammer e Asociación de Amas de Casa, coa colaboración do Concello de Foz.

O menú inclúe entrantes, codillo asado, postre, pan, viño, refrescos, cervexa e chupito. O prezo é de 22 euros para as socias dos colectivos organizadores e de 25 euros para as que non o son.

Para participar hai que anotarse nos locais sociais das Amas de Casa ou de Afammer.