Celeiro, en Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar do 23 ao 26 de xullo

Celeiro, no municipio de Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar desde este xoves, 23 de xullo, ata o domingo 26. Están organizado pola asociación Xuventudes Chilindrinas.

O Concello de Viveiro anuncia que “a parroquia de Celeiro celebra as súas Festas Patronais e do Mar, cun amplo programa para todas as idades: verbenas, pasarrúas, actos relixiosos, sesións vermú, fútbol, fogos artificiais e moita música. Unha cita imprescindible para veciños, veciñas e visitantes, na que tradición, cultura e diversión van da man”.