Cen bandas internacionais tocarán no XIII Resurrection Fest, que se celebrará en Viveiro do 11 ao 14 de xullo. A organización agarda reunir a 85.000 persoas.

O Presidente, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director e a Xefa de Persoal do Resurrection Fest, Iván Méndez e Iria Quelle, presentaron este xoves,no salón de actos do Pazo de San Marcos, a XIII edición do festival de música metal e rockmáis importante de España. Terá lugar do 11 ao 14 de xullo no municipio mariñán, co apoio principal da Deputación e do Concello de Viveiro.

O Goberno Provincial converte á Deputación na institución que máis colabora co Resurrection Festcunha achega de 130.000 euros. Pola súa parte, o Concello de Viveiro cede os terreos para a organización do festival e pon a disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). Os organizadores conseguiron unha subvención de 50.000 euros de AGADIC,axencia pública adscrita á Consellería de Cultura, tras participaran nun proceso de concorrencia competitiva e presentar este grande proxecto, avalado dende sempre por Concello e Deputación de Lugo para facer posible a súa celebración. 

Neste senso, o Presidente destacou que “dende o Executivo Provincial case triplicamos a nosa colaboración en comparación coa Xunta de Galicia, aínda sendo esta última a que ten competencias directas en Cultura, e cando a administración autonómica ten 100 veces máis de presuposto. E o facemos porque consideramos que esta achega non é un gasto, senón un investimento para toda a provincia”.  A Alcaldesa engadiu que “os inicios deste festival, 100% viveirense, que vai medrando ano a ano, foron moi complicados. Gustaríame lembrar a Melchor Roel porque el foi o pioneiro e o que soubo ver a grande proxección do Resu, que outros non quixeron apoiar e incluso criticaron, aqueles que hoxe se quitan fotos co festival porque agora é un referente. Pero non o apoiaron para que xurdise, nin nos seus inicios. En cambio, a Deputación desde as orixes sempre estivo aí, ao carón do Concello de Viveiro, para poder levar a cabo este grande festival”.

85.000 espectadores, 2.000 empregos e 13 millóns en beneficios
Segundo as previsións que manexa a organización, o festival reunirá a máis de 85.000 espectadores,procedentes de 30 países, xerando un volume de negocio para a provincia duns 13 millóns de euros e máis de 2.000 empregos directos e indirectos. Hoxe en día, xa colga o cartel de ocupación hoteleira ao 100% na zona, polo que os visitantes acoden aos establecementos de municipios limítrofes.O Concello pon á disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). A organización ten máis propostas: Beachcamp: unha zona de acampada á beira da praia de Area; o Resucamp: cámping a escasos metros da entrada ao festival, a praia de Celeiro, e a Área Cámping: con todas as necesidades cubertas

Agradecemento a hostaleiros e veciños, en especial aos de Celeiro
Loureiro García agradeceu “a todos os veciños e hostaleiros do municipio e da Mariña a súa implicación durante toda a semana. En especial, quero dar as grazas aos veciños de Celeiro pois, durante uns días, ven afectado o seu día a día polo lugar de celebración do Resu, a carón dos seus fogares ou establecementos. Todo Viveiro prioriza a celebración deste grande festival porque é unha publicidade impagable para o noso Concello”. 

Lendas da música no festival máis ambicioso
Iván Méndez subliñou que “é un cartel máis variado que tivemos nunca, para todos os públicos e gustos, e no que poderemos ver sobre os escenariosmáis lendas da música: TomMorello de RageAgainst The Machine, GeneSimmons e PaulStanley de KISS, CoreyTaylor de Stone Sour e Slipknot, KlausMeine e RudolphSchenker de  Scorpions, DaveMustaine de Megadeth, Papa Emeritus de Ghost, B-Real e Sen Dog de  CypressHill, AoJourgensen de Ministry, JelloBiafra de DeadKennedys…e moitos máis. Sen dúbida, a edición máis ambiciosa e que pasará á historia”. 

O cartel contará coa participación da banda estadounidense de rock KISS, o grupo norteamericano con maior número de Discos de Ouro logrados e que segundo a organización “teñen o espectáculo de rock, son, luz e pirotecnia máis grande do mundo". Como en anteriores edicións, haberá 4 escenarios temáticos e 100 bandas no festival de música rock, que xa é unha referencia mundial. Tamén soarán outras bandas de referencia comoScorpions, ProphetsofRage, Ghost, ou Megadeth.

Un dos festivais máis potentes de España
O Resu gañou o Premio Fest 2016 na categoría ao mellor formato grande a nivel nacional. Este galardón é o único que existe en España dedicado aos festivais de música. Ademais, este ano foi premiado con 4 distincións nos Iberian Festival Award, incluíndo mellor festival de gran formato de toda a península e opta ao Premio Martín Codax da Música como mellor festival de Galicia. 

Entradas
Iván Méndez destacou que xa venderon o 80% dos abonos dos 3 días de festival. Os interesados en mercar as entradas para o Resurrection Festpoden facelo a través da www.resurrectionfest.es, así como en todas as oficinas de Correos de España.