Cervo será o escenario da III Regata da Copa Deputación de Piragüismo o 23 de xullo.

Cervo será escenario da III Regata da Copa Deputación de Piragüismo. A competición, que terá lugar no Encoro de Río Cobo, será este sábado, 23 de xullo, a partir das 10:00 horas.

Na proba, ademais do club anfitrión -o Club Deportivo San Ciprián- competirán  o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban, como representantes mariñáns.

O Encoro de Río Cobo acollerá o sábado, 23 de xullo, a  III regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

A tenente alcalde, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, os directivos da sección de piragüismo, Alejandro Gómez e Raquel Rodríguez, o adestrador e participante na regata Joel González e o deportista Tristán Gómez, que tamén competirá este sábado, presentaron o evento deportivo no escenario onde se desenvolverá  que arrincará ás 10:00 horas; e no que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.

Caramés e Rodríguez desexáronlle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 27 palistas; e animou a todos os visitantes a que gocen da competición e da contorna excepcional na que se desenvolve.