Cine e Teatro son as propostas da axenda cultural de Ribadeo para os días 4 e 6 de xuño.

Este venres, 4 de xuño, ás 20:30 horas nos Cines de Ribadeo proxectarase a película Nación. O prezo da entrada é de 6 euros.

É unha película dirixida por Margarita Ledo Andión, que recibiu o Premio do Festival de Cine de Sevilla á Mellor Dirección, e que conta a historia da loita sindical das mulleres da fábrica A Pontesa.

E o domingo, 6 de xuño, o grupo Chévere Teatro porá en escena a obra As fillas bravas e o mito de Casandra. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:30 horas.