A compañía Enconarte porá en escena o 26 de outubro en Ribadeo "Monstruación". Organiza: o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta o espectáculo teatral Mostruación, da compañía Enconarte. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de tres euros. 

Tres bonecas: unha Barbie, unha Nancy e unha Barriguita que están inquedas porque á súa dona, “América” (tamén alter-ego da “monstruación"), veulle a regra e deixa de xogar con elas. Estas personaxes vanse humanizando para contarnos as súas experiencias vitais individualmente.tres mulleres que falan sen pelos na lingua para facer rir a esgalla.