A compañía Pérez&Fernández estará o 10 de novembro en Viveiro co espectáculo "Aguratrat". Trátase dunha cita para o público familiar.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 10 de novembro, ás 18:00 horas a representación da obra/espectáculo Aguratrat a cargo de Cía. Pérez&Fernández.

Trátase dunha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Conta unha historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

Aguratrat é a segunda montaxe para público familiar da Cía. Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amable.

O elenco artístico está composto por Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis, estes dous últimos dirixen ademais o espectáculo.