A Concellería de Normalización Lingüística de Foz inicia os actos de celebración do Día de Rosalía de Castro cunha exposición na biblioteca pública.

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz anuncia o inicio das actividades para conmemorar o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro este 24 de febreiro. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Foz adhirese ao manifesto da AELG para conmemorar o día e dá a debida homenaxe a autora, que é xa universal. 

Desde a delegación focense sinalan que “o pasado ano celebrábamos que o seu nome ten un sitio no firmamento tras nomear a unha estrela do espazo profundo como estrela RosalíadeCastro e ao planeta que xira en torno a ela planeta RíoSar. Para celebrar este 24 o día de Rosalía, o Concello de Foz, en colaboración coa Fundación Penzol e a Biblioteca Pública Neira Vilas de Vigo, presenta as reproducións das portadas das distintas edicións internacionais de Cantares Gallegos, dos orixinais que posue os fondos da Fundación Penzol”. A Concellería de Normalización Lingüística convida a confirmar a universalidade de Rosalía en edicións como a xaponesa entre outras. A exposición iniciará a sua exhibición na bibloteca pública Salgado Toimil, que reabre co aforo limitado. Continuará para facilitar o seu acceso, nos centros de ensino de Foz, para rematar a sua andaina o día 17 de maio en que se celebrará novamente a primeira edición deste libro e con él a das nosas letras. 

Ademais o Concello conmemora o día 21 o Día Internacional da Lingua Materna, cos obxectivos de promover o uso de todalas linguas e a diversidade cultural. “As linguas do mundo, o noso galego e o de Rosalía, son un patrimonio cultural e intelectual universal como as edicións que presentamos, que hay que protexer, de gran importancia e trascendencia cultural”, engaden desde a Concellería de Normalización Lingüística de Foz.