Concello de Cervo e Autoescola Mundial ofrecerán unha xornada sobre concienciación e seguridade vial o 11 de xuño.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Seguridade Cidadá, conxuntamente coa Autoescola Mundial, que dirixe Pepe Soto, e que, recentemente vén de cambiar a súa ubicación para instalarse na Avenida da Mariña, en San Ciprián, ofrecerá ao conxunto da veciñanza, o vindeiro luns, 11 de xuño, unha xornada de concienciación e seguridade vial.

A actividade, que terá como eixo central un simulador de envorco, comezarán no IES Marqués de Sargadelos. Alí, os rapaces, pola mañá e en horario escolar, poderán experimentar o que se sinte en caso de accidente co fin de "sensibilizalos da importancia de usar o cinto de seguridade e facelo de xeito correcto", apuntou Soto.

Xa pola tarde, o simulador estará instalado a disposición de toda a veciñanza no aparcadoiro do estanco, na Avenida da Mariña, desde as 15:30 horas.