Corenta e un equipos se darán cita no XVIII Torneo de Fútbol Benxamín e Prebenxamín da SD Ribadeo os días 10 e 11 de xuño.

Corenta e un equipos se darán cita no XVIII Torneo de Fútbol Benxamín e Prebenxamín da SD Ribadeo os días 10 e 11 de xuño. 

Son 26 equipos benxamíns e 15 prebenxamíns os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana. Proceden de Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. 

Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz. 

No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.