Corenta e un negocios participan do 24 ao 26 de novembro no Black Friday que organiza o CCH de Viveiro.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha dende o este xoves 24 ata o sábado, 26 de novembro, a campaña “Black Friday, Os mellores Descontos Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Desde o CCH sinalan que “apostamos por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis aos clientes, facilitando o servizo e farémolo poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal. Serán 41 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, textiles para o fogar, lencería, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes, tendas de telefonía, cerámica e floristerías. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local”. 

E subliñan que “para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos o sistema de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal,garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis. Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e con este servizo de envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras. Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías...isto é Comercio Local”. 

Desde o CCH de Viveiro consideran que “se trata dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 41 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 70% nalgúns casos. Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos. É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días”.