Crónica 3 e o Galp Mariña-Ortegal poñen en marcha o concurso fotográfico #omeumarfavorito.

Crónica 3 e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Mariña-Ortegal presentan o concurso fotográfico #omeumarfavorito. Con el queremos poñer en valor a importancia do mar nas nosas vidas. Por elo convidámoste a que subas unha foto túa do mar (contigo ou sen ti) cun breve texto no que expliques porqué non podes vivir sen el.

Deberás facelo no facebook de crónica3 co cancelo #omeumarfavorito. As 2 imaxes que máis “gústame” reciban obterán senllos premios dun lote de produtos de Conservas Ares de 50 e 30€ respectivamente. O prazo remata o 15 de maio, sube xa a túa!