David Catá presentará en Burela o 14 de xaneiro o seu disco Origen. A entrada será de balde.

A Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado, 14 de xaneiro, ás 20:30 horas o concerto presentación do disco Origen do viveirense David Catá. Catá é un artista multidisciplinar recoñecido a nivel internacional polos seus traballos nos que combina a fotografía, a videocreación, a pintura e a música. 

Cunha obra que xa foi exposta en diferentes países e que acadou numerosos premios agora da un novo paso coa creación do seu primeiro álbum musical que fala da memoria, do esquecemento, da perda do ser querido e que ten moito de autobiográfica. 

O compositor e pianista estará acompañado no escenario por Carla Alonso e Celia Montañez ao violín, por Ana Represas ao violonchelo e por María Villarquide na frauta. A entrada será de balde.