Do 1 ao 3 de outubro terá lugar en Ribadeo a XVIII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.

Mañá, venres 1 de outubro, dá comezo a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón.

Este venres o grupo de teatro Axouxeres, de Vilaronte-Foz, representará a obra Cousas de Mulleres.

O sábado, 2 de outubro, o grupo O Torques, de Burela, presentará O Randiña.

E o domingo 3 de outubro, Farándula Velutina, de Corcubión, porá en escena A derradeira bala.

Todas as representacións terán lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

A cita enmárcase na programación cultural do Concello de Ribadeo.