Do 1 ao 6 de setembro terá lugar a XXXIV Semana de Teatro do Valadouro. As representacións serán ás dez da noite.

A XXXIV edición da Semana de Teatro Concello de O Valadouro dará comezo o vindeiro domingo, 1 de setembro, coa actuación do grupo Os Pícaros, de Lagoa, que presentará unha adaptación da obra Asilo por compasión.

O luns, 2 de setembro, actuará o grupo Lume Escénico, de A Pontenova, coa obra O achado do castro de Manuel Núñez Singala.

O martes, día 3, o grupo Axouxeres, de Vilaronte, porá en escena a obra Un divorcio no pobo de Tito Casado Agudín.

O mércores, 4 de setembro, o grupo O Bordelo, de Cervo, representará a obra Toluras de proveito de Francisco Piñeiro.

O xoves día 5 o grupo Touporroutou, de Foz, presentará Comedia bífida da que é autor Manuel Núñez Singala.

E o venres, 6 de setembro, actuará o grupo A Adala, de Fazouro, cunha adaptación da obra O que armou unha zoca.

As representacións terán lugar no salón de actos do centro sociocultural Manuel Lourenzo ás 22:00 horas. A entrada será de balde ata cubrir o aforo.

Colaboran con esta actividade: Concello do Valadouro e Deputación de Lugo.