Do 14 ao 30 de xullo celebrarase o IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra.

Entre o 14 e o 30 de xullo celebrarase o IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra. A inscrición está aberta ata o día 11. 

O torneo disputarase nas modalidades de individual absoluto e dobres absoluto. Ademais de xoves promesas, na que haberá dúas categorías. 

A inscrición pode realizarse por teléfono nos números 687 433 380 ou 630 744 347 ou no correo electrónico clubdetenisdelamarosa@outlook.com. O custe será de quince euros na categoría individual e cinco para os participantes de dobres e xoves promesas. En todos os casos trátase de xogadores non socios. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro 11 de xullo ás doce da noite.

A competición, xa na súa novena edición, está organizada polo Club de Tenis-Pádel A Marosa, coa colaboración do Concello de Burela. 

O IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra foi presentado hoxe. No acto participaron Fernando Rey e Arturo González do club organizador xunto á alcaldesa, Carmela López, o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez, e o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado.