Do 16 ao 21 de agosto celebraranse en Xove as Festas do San Bartolo e da Virxe do Carme.

O alcalde de Xove xunto coa concelleira de Cultura e os membros da Comisión de Festas presentaron o programa de actividades das Festas Patronais do San Bartolo 2023.

O 16 ás 22 horas na Praza do Concello terá lugar a proxección da película “O que arde”. 

O 17 tamén na Praza do Concello ás 12 da mañá actuará o Mago Paco con “Hocus Pocus”. Ás 20:30 horas José Mª González Barcia, que fora mestre e director do colexio de Xove, será o encargado de dar o pregón das festas deste 2023. Será no salón de actos do centro cívico. E ás 22 horas na Praza do Concello actuación de La Penúltima con “Tributo a Sabina”.

O 18 de agosto haberá o scape room “La maldición pirata”, na Omix. A actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 2º de Primaria. Ás 20 horas está programada unha sardiñada popular, que estará animada pola Charanga de Neda. E pola noite haberá verbena coa Orquestra Saudade e o Grupo Salvajex.

A o 19 de agosto, sábado, pola mañá pasarrúas coa Banda Naval de Viveiro e os Cabezudos da A.C.Saíñas. ÁS 13 horas misa cantada por un grupo de Escolma de Meus e procesión coa Banda Naval de Viveiro. E despois sesión vermú con La Favorita. Pola noite haberá fogos de artificio e verbena con La Favorita e El Combo Dominicano. E para rematar a festa Disco Móvil Premium.

O 20 de agosto, domingo, pola mañá pasarrúas coa Banda CC.TT, Nuestra Señora de la Misericordia. Ás 13 horas misa solemne acompañada por un grupo da Orquestra Clásica de Xove e da Escola Municipal de Música de Xove e procesión coa Banda CC.TT, Nuestra Señora de la Misericordia. A continuación sesión vermú con Ritmo Joven. E pola noite verbena con Ritmo Joven e Gran Parada. 

E o 21 de agosto, que é festivo local, será o día da infancia. Haberá inchables na Praza do Concello a partir das cinco da tarde. Recoméndase que as nenas e os nenos leven toalla e bañador.