Do 17 de abril ao 17 de maio estará aberta no Cenima, en Foz, a exposición da VI Semana das Artes, que está dedicada ao artista ribadense Suso Peña.

O vindeiro, 17 de abril, no CENIMA de Foz, ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da sexta edición da Semana das Artes dedicada ó artista ribadense Suso Peña. Por esta mostra pasarán máis de 1.500 alumnos/as dos centros de ensino da Mariña. 

A exposición estará aberta ata o 17 de maio e poderá ser visitada en horario de mañá ata as 12:30. Festivos e fin de semana os sábados de 18 a 20, agás o 1 de Maio. Así mesmo os xoves 9 e 16 de Maio, no mesmo horario se realizarán visitas guiadas. 

ZILI KATOVA, PABLO SÁEZ, OTTO TRETO, PABLO LIVIO, RENATA OTERO REGAL, OTERO REGAL, MAURO LEIVAS, XOÁN GUERREIRO, LOMARTI, GRUPO LAG (Lara Buyo e Ana Corujo), DAVID CATÁ, VERÓNICA VICENTE, ANA LÓPEZ PARRA, ARACELI LARRÁN, CRISTINA BASANTA, LUCÍA VILA, DANIEL CAXIGUEIRO, JUANEL, ALBERTO PENA, CHRISTIAN VILLAMIDE, JOSÉ GONZÁLEZ, e NEIRA BROCHS mostran 23 obras que entran en Diálogo de reflexión sobre distintos temas: adolescencia, medio ambiente, mitoloxía, o paso do tempo, as lembranzas do espazo íntimo, dentro do gran nivel profesional, serán as visións que as/os alumnos/as da Mariña, terán a oportunidade de desfrutar e aprender , así coma todos e todas as persoas da comarca que queiran achegarse ó CENIMA, de Foz. 

Desde Tá en Artes sinalan que “un ano máis temos que reivindicar este espazo único da comarca (e xa van moitos) como o espazo común de creación artística da Mariña. Programación dotación de persoal e espazo, así como unha política de achegamento da arte á nosa comarca dadas as particularidades de distancia do noso espazo xeográfico cos centros de cultura galega. Non se pode sustentar no traballo voluntario e desinteresado dos axentes culturais (artistas, asociacións) unha labor que está recollida como dereito na Constitución e para a que todos e todas os/as mariñáns aportamos os descontos fiscais pertinentes. A educación na Mariña ten o dereito de poder acceder ó nivel razoable de coñecemento artístico que permitan os orzamentos públicos. A falta de arte e do seu coñecemento lévanos a unha restrición grave de posibilidades e non solo é unha verba de coñecemento e emocións, é un mundo de oportunidades que transcende máis aló do previsible, xa que estende as expectativas laborais por riba das carencias do propio sistema. Dende Tá en artes convidamos os/as aproximadamente 83.000 habitantes da Mariña a participación para que isto sexa unha realidade e posibilite saídas de futuro e consolidación do noso único patrimonio natural”.