Do 18 ao 29 de outubro terá lugar en Foz o Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego

As dúas vindeiras semanas o cine será o protagonista. Volve o Ciclo Mestre Mateo en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, presentou a programación completa na que se poderá gozar das mellores películas e documentais deste ano, no que ademais haberá dous filmes para as/os máis pequenas/os.

Mércores, xoves e venres ás 20 horas para os documentais e películas e os domingos ás 17:30h para a animación infantil. A entrada é de balde.