Do 18 de abril ao 4 de xullo terán lugar en Burela os "Bailes de Salón", que organiza a Concellería de Servizos Sociais. A inscrición ábrese o día 3.

Este luns, 3 de abril, ábrese o prazo de inscrición presencial para participar na actividade de Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.

Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que deberán facelo de xeito presencial”.

Os Bailes de salón darán comezo o 18 de abril e rematarán o 4 de xullo. A data elixida para impartir esta actividade na Casa da Cultura é os martes. E establécense tres quendas: unha de 18:45 a 20:00 horas; unha de 20:00 a 21:15 horas e outra de 21:15 a 22:30 horas. 

A concelleira de Servizos Sociais subliña que “as prazas son limitadas e que se concederán por orde de inscrición”.

Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os, poden chamar ao seguinte nº de teléfono 982.58.06.09.