Do 23 ao 27 de agosto celébrase o VIII Torneo de Pádel de Xove, que repartirá 1.500 euros de material deportivo en premios.

Do 23 ao 27 de agosto celebrarase a oitava edición do Torneo de Pádel San Bartolo, de Xove, que foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e María Gómez Sanmartín, representante da empresa IG10, que xestiona o evento.

O torneo terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500 euros de material deportivo en premios.

A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 20 ás 14:00 na pista de pádel.