Do 26 ao 28 de maio terá lugar a Volta ás Comarcas de Lugo, con saída e chegada das etapas a Lugo, A Fonsagrada e A Pontenova.

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.

O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva,consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando a coñecer a riqueza paisaxística e cultural das distintas zonas polas que transcorre o percorrido.

Campos Conde subliñou que “a Volta ás Comarcas é un excelente escaparate para a promoción da provincia pola cantidade de xente que consegue reunir e tamén pola súa difusión mediática. Cada ano incrementa o número de inscritos, posto que en 2015 foron 140 os participantes, en 2016 houbo 198 ciclistas e, nesta nova edición, esperase superar os 200 corredores chegados toda Galicia, pero tamén de lugares tan dispares como Ibiza, Cidade Real, Murcia, Valencia, Asturias, León ou Madrid. A estes hai que engadir os milleiros de afeccionados que seguen o desafío e que poderán coñecer as potencionalidades da nosa provincia”.

Programación das etapas
A primeira etapa terá lugar ovenres 26 de maio, os corredores sairánás 11:00 horas da Praza Maior do Concello de Lugo echegarán á Rúa das Escolas, no Concello de A Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 86,8 quilómetros, cundesnivel acumulado de 1.193 metros positivos, atravesandoaltos de montaña como o Alto de Lindín (3ª Categoría), o Alto de Cruz da Cancela (2ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (2ª categoría). Atravesará os Concellos de: Lugo, Castro de Rei, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova.

A segundaetapa disputarase osábado 27 de maio consaída ás 10:00horas dendea Praza dos Fornos de A Pontenova. O remate desta segunda etapa terá lugar na Praza do Concello de A Fonsagrada, completando unhadistancia de 117,1 quilómetros e 3.077 metros de desnivel positivos.Neste segundo día, os ciclistas enfrontaranse a altos de montaña como o Alto de Marco de Álvarez (2ª Categoría), o Alto da Barraca (1ª Categoría), o Alto de O Couso (1ª Categoría), ou o Alto de Muradal (1ª Categoría). Atravesará os Concellos de: A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquin, A Fonsagrada

Finalmente, a terceira etapa da Volta celebrarase odomingo 28 de Maio.A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello de A Fonsagrada, e a meta estará situada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. En total os corredores realizarán 85,3 quilómetros de distancia, nesta última etapa cundesnivel acumulado de 989 metros positivos, pasando poraltos de montaña como o Alto da Fontaneira (2ª categoría), o Alto da Vaqueriza (2ª categoría), ou o Alto de Lousada (3ª categoría). Atravesará os Concellos de: A Fonsagrada, Cádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara, Guntín, Lugo.

Desafío Volta Júnior
O Desafío Volta Júnior nace como un complemento á Volta Ciclista ás Comarcas para involucrar a toda a poboación dos Concellos que son saída e chegada de cada etapa, especialmente, aos nenos e nenas de cada un deles.Na zona de chegada de cada etapa instalaranse uns circuítos de habilidade, destreza e velocidade onde os nenos e nenas poderán sentirse como profesionais, xa que dispoñerán da mesma infraestrutura, loxística e medios humanos que o resto de deportistas.

Difusión audiovisual
Campos Conde informou que a TIC da Deputación foi a encargada de realizar o vídeo da presentación do percorrido da 3º edición do Desafío Volta a Lugo 2017. O audiovisual proxectouse durante o acto de presentación oficial diante dos fornos históricos da localidade mariñá. Ademais, a TIC difundirá o evento máis aló da súa celebración. 

Para dito fin, un equipo da Fundación desprazarase os tres días que dura o evento ás comarcas polas que pasarán os itinerarios para gravar aos participantes e o desenvolvemento da proba a pé de ruta. O resultado do traballo editarase nun DVD que servirá de documento gráfico para a organización desta nova edición. Tamén se realizarán reportaxes que se publicarán nas redes sociais oficiais que habilitará o evento e da Fundación para a súa promoción.

O vídeo proxectado no día de hoxe ofrece información detallada con infografías en 3D do percorrido, datos e perfís técnicos de interese de cada unha das tres etapas, con saída e chegada en Lugo capital, na Pontenova e na Fonsagrada. Deste xeito, os corredores dispoñen de mapas, gráficos de desniveis, quilómetros dos itinerarios e información de interese para afrontar o desafío como avituallamentos, datas, lugares ou horarios do control de sinaturas.