Do 29 de febreiro ao 2 de marzo terá lugar en Viveiro unha nova edición da campaña Fora Stocks, que organiza o Centro Comercial Histórico

Dende o xoves día 29 de febreiro ata o sábado 2 de marzo serán 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata ó 70 en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos. 

Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración, artigos para o fogar e ópticas. 

Para aproveitar estas oportunidades animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía. Terán a oportunidade de mercar artigos para facerlle fronte ó tempo que vai estes días, pero con super descontos, que mellor oportunidade! 

Os locais participantes estarán identificados con carteis de cor vermella co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks. Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.