Do 29 de setembro ao 29 de outubro desenvolverase a campaña Este mes compras gratis no comercio de Foz.

AciaFozCCA sorteará 2.000 euros en premios na campaña que desenvolverá do 29 de setembro ao 29 de outubro. Denomínase Este mes compras gratis no comercio de Foz.

Os clientes o que teñen que facer é cubrir os boletos que lles entregarán nos locais asociados con cada compra que fagan por un importe superior aos 10 euros entre mañá, 29 de setembro, e o 29 de outubro. En xogo estarán 2.000 euros en vales de compra para gastar durante o mes de novembro. O sorteo terá lugar o día 4 en Radio Foz. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliñaba hai uns días na presentación desta iniciativa que “o que queremos con esta campaña é dinamizar o comercio nos meses de outubro e de novembro”. 

Este mes compras gratis no comercio de Foz sorteará 6 premios de 100 euros, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros e 1 premio de 600 euros. 

Esta campaña está organizada por AciaFozCCA e conta co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.