Do 9 ao 12 de xullo celebrarase na Escola de Música de Burela unha nova edición do curso de jazz, no que poderá participar calquera instrumentista da Mariña.

A Escola Municipal de Música de Burela será escenario a vindeira semana dunha nova edición do curso de jazz. O horario será de catro da tarde a dez da noite e o xoves, 12 de xullo, celebrarase, na praza da Mariña o concerto co que se pechará esta edición do curso de jazz. A actividade foi presentada esta mañá no Concello, polo alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e polo profesor que impartirá o curso, José García. 

García lembrou que “é unha actividade que levamos desenrolando estes dous últimos anos desde a Escola de Música onde eu son o profesor de saxofón, titulado superior na especialidade de jazz. Temos un combo actualmente na Escola de Música, que será a base do curso, un combo con diferentes instrumentos”.

O profesor salientou que “o curso está aberto a calquera alumno de fora da Escola, de toda a comarca e comarcas veciñas. Tocaremos repertorio propio de jazz desde Louis Amstrong ata Charly Parker, etc…, con clases teóricas, un pouco de interpretación de jazz e improvisación e clases de grupo preparando o repertorio para o concerto que será o xoves día 12, na praza da Mariña ás 21 horas. Faremos o concerto final de curso co repertorio que se prepare durante eses catro días”.

José García engadiu que “o horario será de catro da tarde a dez da noite, e esperamos que a afluencia sexa moita. Será unha actividade moi interesante, divertida e algo diferente. É un tipo de música creo que moi atractiva para calquera músico e unha forma diferente de interpretar música ao que se está acostumado nas escolas de música”. E aproveitou para “animar a todos a que veñan, calquera instrumentista de calquera tipo de instrumento, de calquera idade, simplemente con ter curiosidade e gañas de tocar é suficiente”.

Pola súa banda o concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “este tipo de cursos de la Escuela de Música ponen en valor todo el trabajo que se está haciendo en la escuela, no sólo en el aspecto clásico de la música sino también con otros estilos como es en este caso el jazz, que es un género que atrae a muchas personas”.

José Díaz subliña que “este curso de jazz está abierto a toda la gente, no sólo a la que esté apuntada en la Escuela de Musica. Seguimos apostando desde el Concello porque la Escuela de Música siga haciendo este tipo de actividades que saquen fuera del centro todo el trabajo que se hace y que atraiga a más número de alumnos”.