Durante a recepción aos Reis Magos ao Valadouro, este venres 5 de xaneiro, repartirase chocolate con roscón

Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro: ás 19:00 horas sairá a comitiva oficial desde o local social do parque Concepción Arenal cara o Belén Vivinte, situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, Avenida de Viveiro, ... Nenos e nenas do Valadouro realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte.

Despois da recepción oficial farase entrega da chave do concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade ós fogares dos veciños. Ó rematar poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón. Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscóns e chocolate.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro e colabora a asociación cultural Amado Lar, do Valadouro.

Se a meteoroloxía non fose a axeitada o percorrido real polas rúas de Ferreira suspenderase, pero a recepción dos Reis na Casa da Cultura manterase segundo o horario previsto.