Eduardo de Martíns presentará o seu primeiro libro fotográfico “Galicia Latente” este venres, 29 de decembro, en Viveiro

Eduardo de Martís presenta o seu primeiro libro fotográfico “Galicia Latente” o vindeiro venres, 29 de decembro, ás 20:00 horas no Conservatorio de Música de Viveiro.

O acto está organizado por África Copias coa colaboración especial de Prato-Do.

Alí, o autor estará acompañado de persoas que son motores da cultura local: David Bellas (gaiteiro e profesor do Conservatorio de Viveiro); Mari Carmen Chipe (Presidenta da Asociación Cultural Bágoas da Terra); Bernardo Penabade (profesor e promotor de Proxectoneo); e Capitán Pino (Capitán de pesca).

“Galicia Latente” recolle máis de 233 fotografías introducidas por un texto do antropólogo Rafael Quintía e un pequeno prólogo do propio autor. Para construír este retrato da Galiza actual e de vangarda, Eduardo de Martís percorreu máis de 140 puntos da xeografía galega durante os últimos tres anos, dende O Courel ata Vigo, dende Muxía ata Viana do Bolo, en conversa coa xente para construír a nosa historia e dar a coñecer o noso potencial como pobo.