Elea López e Carlos Rebolo representan "Cinco minutos sen respirar" o 30 de setembro no Valadouro.

Dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ítaca Teatro, con Elea López e Carlos Rebolo, representan a obra titulada ‘Cinco minutos sen respirar’. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro este sábado, 30 de setembro de 2023, ás 20:00 horas con entrada de balde. É unha representación que se recomenda para público adulto.

‘Cinco minutos sen respirar’, de Gustavo Ott, fala “da vida, dos abusos bancarios, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non dá tempo a resumilas en cinco minutos...”.