A EMMeD de Ribadeo organiza audicións do 8 ao 12 de maio para dar a coñecer o traballo que se realiza no centro.

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova queda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 8 e 12 de maio ás 20:00 horas na propia Escola, agás a do mércores día 10, de clarinete e saxofón, que será no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.

-Luns 8 de maio – Canto (Escola).
-Martes 9 de maio – gaita e Percusión Tradicional (Escola).
-Mércores 10 de maio – Clarinete e Saxofón (Cine-Teatro).
-Xoves 11 de maio – Guitarra (Escola).
-Venres 12 de maio – Piano (Escola).