En Foz haberá teatro infantil do 5 ao 13 de agosto na Sala Bahía. A programación foi organizada polo Concello.

O Concello de Foz programa para este mes de agosto varias funcións de teatro infantil que se representarán na Sala Bahía.

O luns 5, ás 21:00 horas, Limiar Teatro porá en escena Don Quixote. Unha comida gastronómica.

O martes 6, ás 21:00 horas, actuará Pérez & Fernández que presentará Aguratrat.

O luns 12, ás 21:00 horas, Educateatro Produccións representará Os tres porquiños.

O martes 13, ás 21:00 horas, A Adala Infantil presentará ¡Que cousas pasan no Camiño!.