En Foz Touporroutou Teatro presenta o 15 de decembro "Comedia bífida". Será no colexio Martínez Otero.

Touporroutou Teatro presenta este sábado, 15 de decembro, Comedia Bífida.

Este grupo, formado polas persoas que poñen en marcha o antroido focego, poñerá en escena a obra Comedia bífida de Manuel Núñez Singala que, en tono de comedia, preséntanos algunhas das situacións que vivimos a diario en relación co galego. A compañía, dirixida por Chus Rábade, está formada por Tono Neira, Marcos Fernández, Almudena Rubal, Olaia Otero, Xorxe Castro, Rebeca Vázquez, Laura e Paz Quiroga.

A representación terá lugar no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, ás 20:00 horas.