En Trasbar (Cervo) do 15 ao 17 de setembro celebrarase a Romaría de Santa Eufemia. O Concello convida a participar.

O lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, a romaría de Santa Eufemia. 

A cita festiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.

A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia cantada polo Coro de Cervo,   e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fussion, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:00 horas. Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de caldo galego para os/as asistentes.

O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, cantada polo Coro de Cervo, seguida de sesión vermú co Dúo EPOK.

O Concello de Cervo, convida, a todos, veciños e visitantes, a que desfruten desta Festa a vindeira fin de semana.