Entregados os premios aos gañadores do X Concurso de Fotografía do Día do Pai, convocado por Acisa Ribadeo a través de Facebook.

Alba Pérez e Marcos Rodríguez, os gañadores do X Concurso de Fotografía do Día do Pai convocado por Acisa, recolleron os seus premios. A pandemia do Covid-19 fixo que o acto se celebrase hoxe. A entrega foi realizada polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte. 

A foto de Alba Pérez Fernández, titulada Con papá al fin del mundo, conseguiu 521 votos e converteuse na gañadora do Certame realizado a través de facebook. A afortunada recibiu 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. 

E a foto de Marcos Rodríguez Rodríguez, chamada Música e vida??, foi a segunda clasificada no concurso. En total obtivo 352 votos. Como agasallo recibiu 100 euros para gastar nos establecementos asociados a Acisa. 

En total foron 19 as imaxes presentadas ao X Concurso de Fotografía Día do Pai. Acisa agradece a participación no certame, que xa é un clásico dentro das campañas e actividades organizadas pola asociación ribadense. 

Nas últimas semanas Acisa entregou 600 euros en vales de compra que “servirán para botar unha man aos nosos asociados e asociadas neste verán tan atípico que estamos a vivir. Pero pouco a pouco agardamos que a situación vaia mellorando. Hoxe xa se ven turistas e peregrinos por Ribadeo e iso e moi bo para todos”.