Entregados os tres premios de 1.200 euros do Sorteo de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro.

O sorteo máis esperado do Nadal de Viveiro xa ten gañadores. 

Co número 74.783 repartido na tenda de moda BMD, o premiado foi Rubén Sanchez Villarquide, veciño de Xove. 

Co número 122.250 repartido no Laboratorio Dental Anferbadent, a premiada foi Montse Ramil Gonzalez, veciña de Celeiro. 

Co número 132.089 (primeiro número das reservas) repartido en Panadería Giz, o premiado foi Jose Luis Martinez Fernandez, veciño de Escourido. 

Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados.

Dende o CCHV “queremos dar a noraboa ós gañadores, e agradecer a tódolos clientes que estiveron pendentes do sorteo, nos chamaron, enviaron mensaxes ou se acercaron ata a oficina, que fixeron que un ano máis o noso sorteo do Nadal fose un éxito de participación (aínda que houbese que cancelar o sorteo presencial na Praza Maior). Pero sobre todo, gracias por apostar un ano máis polas compras no comercio local”.