Eroski Viaxes abriu en Ribadeo a súa segunda axencia na provincia. As instalacións están situadas nun local do Hipermercado, en Vilar.

Eroski Viaxes abriu hoxe, mércores, en Ribadeo a súa segunda axencia na provincia de Lugo. Con este motivo desprazouse ata a vila ribadense a responsable da firma para Galicia, Asturias e Cantabria, Leticia Pastor, que acompañou ao xerente desta oficina e tamén da de Burela, Pedro Fraga Otero.

As instalacións de Eroski Viaxes en Ribadeo están situadas nun local do hipermercado Eroski, en Vilar, e contan con dúas axentes de viaxe: Eva Fernández e Sofía López.

Leticia Pastor explicou que a oficina estreada hoxe “es un nuevo punto de venta para consolidar nuestra comercialización en la zona de A Mariña, donde disponemos de una oficina desde hace más de diez años en Burela. Tenemos mucho cliente de esta zona y para nosotros, además de un reto personal y profesional, supone llegar a los clientes de una forma más atractiva para ellos. Estamos además en un centro comercial con un horario más amplio y con una oficina mucho más moderna y actual”. 

A responsable da firma para Galicia, Asturias e Cantabria engadiu que esta é a súa segunda oficina na provincia de Lugo e a sétima de Galicia. “A nivel nacional tenemos 170 puntos de venta vacacionales, 15 centros de empresa y dos Viajes Caprabo”, comentou Lecitia Pastor, quen salientou: “nosotros focalizamos mucho en cliente, para nosotros es la base. Trabajamos con todo tipo de proveedores con asesoramiento personal, siempre desde el conocimiento de destinos que tenemos y no nos casamos con nadie, trabajamos con los proveedores siempre para ofrecer la mejor relación calidad-precio para nuestros clientes”.

E Pedro Fraga explicou que decidiron abrir estas instalacións en Ribadeo “pola necesidade de expandirnos na zona. Levamos dez anos e medio en Burela e xa era unha necesidade porque estábamos atendendo clientela desta zona e do Occidente asturiano tamén e polo tanto había que dar un paso. Tardamos un pouquiño en dalo pero tíñamos necesidade de crecemento. Aparte diso unha das nosas especialidades, que é o viaxe en grupo praza a praza, tamén víamos que podía ser outra aposta e outro paso adiante para poder ganar zona. Pareceunos unha praza importante”.

O xerente de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo anunciou que esta nova oficina estará aberta ao público de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas e destacou que “é un horario súper amplo”. Tamén salientou que conta con “dúas axentes de viaxes, que van dar servizo a esta oficina, apoiadas tamén por as persoas que están na axencia de Burela. É dicir, vamos conformar un equipo de 5 persoas para as dúas axencias, co cal creo que estamos bastante ben en canto á atención, porque ademais é xente preparada e formada tanto en turismo como en viaxes. Sempre digo que a fortaleza nosa ten que ser esa precisamente: contar con xente viaxada, con experiencia, para aportarlle ao cliente ese plus que outras canles non lle van dar”.

Para rematar Pedro Fraga comentou: “esperamos que pase toda A Mariña e o Occidente asturiano a visitarnos e vamos tratar de estar á altura das expectativas”.