Escaparate de Xove é unha iniciativa promocional do empresariado xovense, que conta xa con 55 firmas rexistradas.

ESCAPARATE DE XOVE sae á luz ofrecendo interesantes produtos e servizos.
Esta plataforma xa conta con 55 empresas rexistradas, 26 ofertas e promocións e tamén con oportunidades de emprego.
 
ESCAPARATE DE XOVE é unha plataforma que quere unir todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.
 
ESCAPARATE DE XOVE nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.
 
ESCAPARATE DE XOVE ten como obxectivos:
 
 Amosar á clientela as vantaxe do consumo local que ofrece o noso empresariado
 Impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet
 Facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego
 Atraer a novas iniciativas empresariais
 
Será unha plataforma viva que cada empresa poderá actualizar a diario, nela veremos os datos principais  de cada negocio: o seu lema, a súa ubicación, como acceder ao servizo de venta en liña, entrega a domicilio, ofertas e promocións e se aceptan curriculos vitae.
 
ESCAPARATE DE XOVE ofrece un MAPA DE OFERTAS e promocións, é dicir, que poderás ver nun único link as ofertas de todo o municipio. Entra e descubre estas promocións. Hoxe podes atopar unha grande variedade: descontos e bonos de tratamentos de beleza; descontos en alugueiro de carpas para celebracións; cestas de Nadal personalizadas; envíos gratuítos de compras en liña; descontos en actividades de formación; Eurovales, vales descontos e vales de 20€ en roupa; ofertas de perruquería; cartas especiais de fin de semana en restaurantes; promoción de lavados de vehículos; descontos en combustibles; vehículos KM0; mobles; ofertas en supermercados; descontos en material escolar e libros; descontos en seguros médicos; seguros de vivenda; descontos en limpezas de portais; descontos en xerseis de inverno; ofertas de moldes de forno; flores artificiais; regalos de señalización REC FLASH; promoción de aloxamento de fin de semana,... ATA 26 OFERTAS E PROMOCIÓNS.
 
No seu primeiro día de andaina, esta plataforma xa conta con 55 empresas, conviven empresas de todas as actividades, algunhas moi antigas e outras recén creadas:
1. O CAMILO CARPINTERÍA
2. A BALEA VERDE-ACTIVIDADES DE OCIO
3. ACOSTA MUEBLE
4. ALUGUER DE VEHÍCULOS PARAÍSO
5. AS NEREIDAS-ALUGUER VACACIONAL
6. AUTOMÓVILES BANDO
7. AUTOSERVIZO DE LAVANDERÍA MARIÑASEC
8. BAR COCIÑA
9. CAFÉ BAR O CABALIÑO DO MAR
10. CARLOS PELUQUEROS UNISEX
11. CARNICERÍA-CHARCUTERÍA J. ANTONIO
12. CATYCRIS
13. CENTRO DE FISIOTERAPIA XOVE
14. CENTRO ÓPTICO XOVE
15. COIDADOS LIMPEZA DE AXUDA NO FOGAR
16. CONSERVAS ARTESANAS CURRICÁN
17. COSNOR CORREDURÍA DE SEGUROS OFICINA XOVE
18. CRISTALERÍA SAN CIPRIÁN
19. EL RINCÓN DE LOS GRANDES
20. EROSKI CITY
21. ESTABLECIMIENTOS REY FERRETERÍA ALMACÉN CONSTRUCCIÓN
22. ESTABLECIMENTOS REY-EXPOSICIÓN BAÑOS
23. ESTACIÓN DE SERVICIO CAMBA
24. ESTÉTICA MARTA
25. FARMACIA ANA BOÑAR
26. FERRETERÍA SUÁREZ ÓLIVER
27. FIFA
28. GRUPO ROMA
29. HOSPEDERÍA DE TEIXIDE
30. JOSÉ O PORTUGUÉS
31. LAVANDERÍA-TINTORERÍA MARIÑASEC
32. LIBRERÍA ESTANCO BASANTE
33. LIMPEZAS SAN MARTIÑO
34. LUGAR DAS MARÍAS*** HOSTAL
35. LUGAR DAS MARÍAS CAFÉ-XARDÍN
36. MAPFRE XOVE
37. PANADERÍA MARAL
38. MÁRMOLES A MARIÑA
39. MERCERÍA ANTOLLO
40. MUEBLES TOAL XOVE
41. MULTICARPAS EIJO
42. O ARMARIO DE XOVE
43. PEIXERÍA BARREIRA
44. PELUQUERÍA CAPYLARIS
45. PELUQUERÍA EUGENIA
46. PILAR CORGOS ACADEMIA
47. PIZZERÍA ONDE SEMPRE
48. RESTAURANTE CAFÉ BAR PEPE
49. RESTAURANTE O REFUGIO
50. SCHOOL OF ENGLISH
51. SIGNO TALLER DEL RÓTULO
52. SUÁREZ ÓLIVER TRANSPORTES SL
53. TALLERES ARMANDO
54. TALLERES PARAÍSO
55. TRANSPORTES PARAÍSO
 
TODAS AS EMPRESAS E PROFESIONAIS DO MUNICIPIO poden formar parte desta plataforma, para obter máis información deben poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.